A sección de kickboxing do Narón O Freixo estrea tempada en Salamanca o vindeiro domingo

Esta fin de semana desprazaranse a Salamanca para participar no IV Open Nacional Cidade de Salamanca, pertencente á liga Last Round, catro dos nosos deportistas da sección de kickboxing, acompañados polo seu adestrador Rubén Villar Díaz.

O equipo estará formado por Paula Villar Sánchez ( dúas veces campiona de España e membro da selección nacional junior de kickboxing ), Borja Branco Lestayo, Jhon Sales Dá Silva e Iker Villar Sánchez ( estes tres últimos deportistas debutan en competición).

Desde o Narón O Freixo queremos dar todos os ánimos posibles ao noso equipo e sobre todo que gocen desta gran experiencia. Iremos informando dos resultados deste campionato e xa vos avisamos de que a próxima semana haberá outra gran noticia desde a nosa sección de kickboxing.

FESTA DE NADAL

FESTA DE NADAL

O vindeiro mércores, 26 de Decembro, a S.D. C. R. NARÓN O FREIXO, celebrará a súa tradicional festa de NADAL para toda a familia do club. Desde as 17.00 e ata as 21.00 horas, esperámosvos a todos e todas en MARINOLANDIA, onde teremos merenda e bebidas e os nenos e nenas do noso club, poderán gozar dos xogos.

Feliz NAVIDAD

ABERTO PLAZO INSCRIPCIÓN TEMPADA 2021/2022

Dende o S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, en primeiro lugar, queremos agradecer a toda a nosa familia e amigos o esforzo realizado nestes meses para resolver unha situación tan complicada como a que vivimos. Ademais, desde estas liñas, enviamos moita forza para seguir adiante, sen descoidarnos nin un só momento para que esta situación non se repita.

Como cada tempada, comezamos a reserva de prazas coas inscricións e unha vez máis, deixámosche as instrucións de todos os pasos que tes que realizar para aqueles que queiran seguir competindo, xogando, aprendendo, disfrutando e crecendo connosco unha nova tempada ou o que quería comezar unha viaxe nos nosos equipos de fútbol, ​​fútbol sala e kickboxing. Podes descargar o FORMULARIO de KICKBOXING pinchando AQUÍ.

Para fútbol e fútbol sala, deixámosche o formulario de inscrición que podes descargar premendo AQUÍ e unha vez cuberto, metelo nun sobre e entregao no buzón de correo do noso local social, situado na Rúa Vespasante, 17 baixo (deixamos a ubicación )

Inscripción Online

 

 

Como Chegar

 

 

Calquera dúbida que teñas podes chamar aos teléfonos indicados no cartel.

Campus 2021 Narón O Freixo

Comprácenos anunciar a volta dos Campus da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO que organizaremos para este próximo verán de 2021.  Voltamos cunha  experiencia completa de actividades.

EN NUESTRO CAMPUS:

  • LOS ENTRENAMIENTOS VAN A SER REALIZADOS POR TITULADOS, ESPECIALISTAS EN FÚTBOL, FUTSAL Y ENTRENAMIENTOS DE PORTEROS.
  • CAMPUS ESPECIFICO DE PORTEROS CON
    ENTRENADORES ESPECIALIZADOS
  • CAMPUS ESPECIFICO DE JUGADORES CON
    ENTRENADORES ESPECIALIZADOS
  • VISITAS CULTURALES, OTRAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS ( SERÁN OPCIONALES Y TENDRÁN UN COSTE AÑADIDO ).

PARA NIÑOS Y NIÑAS DE 5 A 17 AÑOS.

  • 2 SESIONES DE
    ENTRENAMIENTO AL DÍA.
  • MERIENDA – TENTEMPIÉ (OPCIONAL COMIDA ).
  • JORNADAS DE
    PROFESIONALES EN INGLÉS.
  • EQUIPACIONES DE ENTRENAMIENTO.
  • DESCUENTOS POR GRUPOS FAMILIARES.

OS IRMANS IGLESIAS FERNÁNDEZ A POR O TÍTULO NACIONAL

 Esta próxima fin de semana, celebrarase na localidade manchega de Alovera o campionato de España de kickboxing na categoría senior.

 Os nosos competidores Rubén e Adrián Iglesias Fernández participarán nas modalidades de kicklight e lightcontact respectivamente no peso de -63kg.

 En este o seu primeiro ano na categoría senior, xa disputaron o campionato galego de tatami no mes de febreiro. Onde Rubén proclamouse campión galego en -63kg e Adrián subcampión en -69kg. No campionato galego de ring, ambos debutaban na modalidade de lowkick, proclamándose campións na devandita modalidade. Rubén en 63’5kg e Adrián 67kg. 

 Isto valeulles para ser convocados pola selección galega para disputar o camionato nacional.  Dende o clube, deseámoslles sorte neste novo reto e quedamos á espera do seu resultado.

Página 1 de 191
1 2 3 4 5 191