Naron Freixo

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

FORMULARIO INSCRIPCIÓN TEMPADA 2016/2017

Desde hoxe, temos a disposición de todos vós os formularios de inscrición para a tempada que vén 2016/2017. Podes conseguilos no estadio de Rio Seco, no Pavillón das Lagoas ou picando na ligazón que vos deixamos o final do artigo.

Non esquezamos que, a próxima tempada o club cumprirá 25 anos e non queremos que o perdas, espérannos moitas novidades nas que estamos a traballar.

Enche o formulario e entrégao na cantina de Río Seco ou no  Pavillón das Lagoas xunto con 30 € para os nenos que se apunten a futbol e futsal ou 20€ se só se apuntan a unha das dúas actividades (no caso de chupetes ou biberóns, serán  12€ ) correspondentes á primeira cota da tempada 2016/2017.

Tanto Juan Carlos como Manuel Picos, quedan  vosa disposición para recoller os formularios e solucionarvos todas as dudas que teñades.

 

Pica no seguinte enlace para descargar o formulario

FORMULARIO INSCRIPCION

O BENXAMIN "A" DA S.D.C.R NARÓN O FREIXO CAMPION DE LIGA

O 23 de abril de 2016 xa se converteu nunha data histórica para a S.D.C.R Narón O Freixo. Foi onte cando por primeira vez, na curta historia do F-8 no noso club, gañamos unha competición oficial que se ven a xuntar as moitas xa ganadas antes no fútbol sa. O noso equipo do Benxamín "A" tivo a honra de cumprir este soño no segundo ano de andaina da nosa sección de F-8. Aínda faltan dúas xornadas por disputar pero xa son CAMPIONS do Grupo 1º da Liga MOVISTAR de Ferrolterra.

Leer más...

LAURA TESTA NA CONVOCATORIA DA SELECION SUB-12 FEMININA

A xogadora alevin do Narón O Freixo Laura Testa Roca, foi convocada para o adestramento da Selección Galega Sub-12 que tera lugar este luns  día 28 na cidade de Ourense e no que tamen disputarán un encontro contra un equipo alevín da cidade das Burgas. Moita sorte e que disfrutes desta experiencia.

Lucia e Laura xogaran a final.

Unha vez mais as nosa xogadoras Lucia Rivas Cartelle e Laura Testa Roca demostraron o seu bo facer, axudando a que a Seleccion Comarcal Feminina Sub-12 se clasificara para a Final Galega de seleccions comarcais logo de eliminar por dous goles a cero o combinado de Vigo. A final sera contra o combinado de Coruña e disputarase hoxe as 16:30 h nos campos da Gandara. Moita sorte a todas e a seguir demostrando o que sabedes facer.