Naron Freixo

XXIX GALA DO DEPORTE NARON

XXIX GALA DO DEPORTE DE NARON

 
 

Coa XXIX Gala do Deporte de Narón damos por finalizada a tempada 2016/2017, un ano que para a nosa sociedade quedará marcado como un referente de traballo e coma espello no que mirarnos para tentar de seguir mellorando e medrando nos anos vindeiros.

  Nunha Gala na que os protagonistas son os nenos, houbo un momento para  premiar o traballo desinteresado, o bo facer, a humildade e sobre todo a dedicación dunha  persoa que, despois de vinte e cinco anos traballando a prol do Narón Freixo, segue a tirar do carro coa mesma ilusión do primeiro día, xa que o  premio á S.D. C. R. Narón Freixo seria imposible de acadar sen a labor desinteresada de JUAN pero sen esquecernos nunca da súa dona FINA , xa que eles son os son os cimentos deste Narón Freixo,  e en nome dos demais membros da Directiva, adestradores, pais, nenos e de todas e todos os que formamos parte desta gran familia, só podemos dicirlles   GRAZAS
 
 
 
 

UNETE

 

 

 

DIA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

 

 

 

 

 

O 25 de Novembro de 1960, os corpos das irmás MIrabal, eran achados no interior dun Jeep en Salcedo,Rep. Dominicana.

Foran asasinadas por orde do ditador Trujillo. Os movementos feministas da rexión, acuñaron esa data en honra a MINERVA, PATRIA E MARÍA TERESA MIRABAL, coñecidas como “as bolboretas”, como o “día contra a violencia de xénero” e dende o ano 1999, a ONU, sumouse á xornada reivindicativa.

“Se me matan, sacarei os brazos da tumba e serei máis forte”, dixo Minerva Marival en máis dunha ocasión.

Este ano, a campaña EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA, iniciada no ano 2015, e unha denuncia e movilización social contra as violencias machistas, a cal, contempla varios actos no noso Concello, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

Desde a S.D.C.R. Narón Freixo, sumámonos a esta iniciativa esperando e desexando que, entre todos, logremos acabar con todo tipo de violencia de xénero, pero non só os malos tratos físicos ou psicolóxicos a mans das súas parellas, tamén, a trata de mulleres, as violacións, a ablación………. Así mesmo, animamos a toda a familia do Freixo a que acudan aos diversos partidos de fútbol e futbol sala, con algunha peza de COR NEGRO, en sinal de loito e dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

 

 

CARRERA AECC FERROL

 

CARRERA AECC FERROL

 

 Mais de 4.000 persoas participaron onte, domingo, na carreira popular contra o cancro celebrada en Ferrol e a familia do Narón Freixo estivo representada por pequenos, pais e membros da directiva.

Aínda que o tempo non acompañaba, a cidade de Ferrol, encheu as súas rúas de apoio e solidariedade contra unha enfermidade que, cada ano afecta a miles de persoas no noso país.
Desde aquí, enviamos una mensaxe de apoio e ánimo a todas esas persoas que, están a loitar contra o cancro, ou que teñen algún familiar ou amigo que, está a pasar por esta difícil situación.

FOTOS IV TORNEO NARON FREIXO ALEVÍN - BENXAMÍN

Despois de solucionar un pequenos problemas técnicos, aqui tedes as fotos do  IV TORNEO NARON FREIXO ALEVÍN - BENXAMÍN     

 

Leer más...

CONFERENCIA DE ENRIC BARRI NA SDCR NARÓN O FREIXO

Esta foi a conferencia  de Enric Barri do pasado 16 de setembro no Naron O Freixo, todos os que asistiron diranvos que os minutos que adiquedes a vela seran os mellor empregados do día.

Agardamos que disfrutedes dela tanto coma fixemos nos en directo.

 

 

Leer más...