Naron Freixo

III TORNEO CIDADE DE NARON. CATEGORIA PREBENXAMIN

 

III TORNEO CIDADE DE NARON - A FERVENZA

CATEGORIA PREBENXAMIN

 

O sábado, tacaba a quenda para a categoría Pre-Benxamín no III Torneo Cidade de Narón. Continuaba unha nova xornada maratoniana de partidos, xa que, tamén se disputaban as categorías de Benxamín e Senios Feminino.

O noso Pre-Benxamín B, comezaba a súa andaina no Torneo enfrontándose ao Esteiro, nun partido no que, os nosos pequenos non estaban moi atinados e acababan perdendo por 2 a 5. Con todo, no segundo partido, cuns minutos inciales moi igualados, os nenos do Narón Freixo, comezaban a tocar o balón e conseguían unha vitoria por 5 a 1 ante A Solaina B, conseguindo o pase para disputar o partido polo terceiro posto. Era o Esteiro, o que conseguía meterse na final, ao derrotar tamén á Solaina B por 3 a 1.

Leer más...

III TORNEO CIDADE DE NARON. CATEGORIA ALEVIN

 

III TORNEO CIDADE DE NARON 2016 - A FERVENZA

CATEGORIA ALEVIN

 

O Venres, 3 de xuño, comezaba un fin de semana repleto de partidos de futsal no Pavillón de As Lagoas. Correspondía á categoría alevín, abrir o Torneo e eran seis equipos, encadrados en dous grupos de tres os que loitarían por levantar o III Torneo Cidade de Narón.

O primeiro partido, o Narón Freixo B impoñíase ao Parrulo B nun partido moi completo dos pequenos do Freixo que conseguían impoñerse por un contundente 7 a 0, nun partido dominado de principio a fin. Os ferroláns, tampouco conseguían sacar nada positivo no seu segundo partido e volvían caer ante o Canido por un 3 a 1 que, ao cabo, condenábaos a disputar o partido polo 5º e 6º posto. No último partido do grupo, ao Narón Freixo *B, seríalle suficiente cun empate (1-1) ante o Canido para conseguir meterse na semifinal como primeiro de grupo, deixando ao Canido na segunda posición.

Leer más...

TORNEO FUTSAL TROULA, F.S. BETANZOS

 

TORNEO FUTSAL CATEGORÍA PREBENXAMIN BETANZOS

 

O Troula, F.S. de Betanzos, organizaba o sábado día 21 de maio o seu torneo e, o noso equipo prebenxamín A acudía á cita.

O Torneo estaba dividio en dous grupos e os nosos pequenos, atopábanse dentro do Grupo A, xunto ao Troula, F.S. e o Pontedeume, F.S; no grupo B, estaba formado polo Melide, F.S, Narón Futsal e o CD. Burela, FS.

Os nosos pequenos, realizaron un excelente torneo desde o comezo ata o final e xa, no primeiro partido, impoñíanse con claridade aos locais do Troula por un 4 a 0 nun partido dominado de principio a fin. O segundo partido do grupo, enfrontábanos aos nosos veciños de Eume e, cunha victoría por 15 a 0, os nosos prebenxamines conseguían o liderado do grupo e con iso, o pase directo á final.

Leer más...

GRUPOS E HORARIOS DA FASE FINAL DE XIV TORNEO DE FUTSAL DE BASE CIDADE DE LUGO

   Aqui tedes os Grupos e Horarios da Fase final de XIV Torneo de Futsal de Base Cidade de Lugo no que vai a competir o Benxamin "A" do Naron O Freixo.

Leer más...

XII TORNEO FUTSAL DE BASE CIDADE DE LUGO

 

 

Os vindeiros días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro terán lugar respectivamente a Fase Previa e a Fase Final do XIV Torneo de Futsal Base Cidade de Lugo,organizado polo Prone Lugo A.D, no que participaran os nosos equipos Alevín e Benxamín “C”, seran dias de dura competicion na que lle desexamos a mellor das sortes os nosos equipos.

No seguinte enlace tedes toda a información.

Leer más...