Naron Freixo

IV TORNEO VILA DE CALDAS DE REI

O sabado 26 o noso Benxamin A adestrado por Cesar, deplazarase a vila de Caldas de Rei a disputar a fase previa do seu torneo e de quedar entre os dous primeiros do grupo, xogaremos o domingo a fase final onde xa estan clasificados o R.C Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, Santiago C.F, Pabellon de Ourense, C.D. Lugo, Ourense C.F, Racing de Ferrol e Caldas C.F. Moita sorte a todos, e a disfrutar  do que parece que vai a ser un fantastico torneo.

Leer más...

X TORNEO FUTBOL-8 C.D CARIÑO BENXAMIN

O xoves dia 24 un combinado dos nosos  Benxamins B e C, disputaran o torneo de Futbol -8 que organiza o C.D. Cariño e que xa vai pola sua décima edición, o noso combinado tera que enfrontarse na primeira fase da competición a Racing San Pedro, S.D. O Val e a Escola de Futbol de Viveiro, duro grupo, agardamos que sexa cal sexa o resultado final os nosos nenos se divirtan na vila do Ortegal.

Leer más...

IV TORNEO DE FUTBOL 8 CONCELLO DE MUGARDOS

Este xoves dia 24 o noso equipo prebenxamín A cruzaran a ría para disputar en terras de Mugardos o IV Torneo de Futbol 8 Concello de Mugardos.Os nosos xogadores quedaron encadrados no grupo D onde teran que enfrontarse os seguintes equipos Racing de Ferrol, Rapido de Neda e Orillamar da Coruña, agardamos que o pasedes moi ben e que traiades o mellor dos recordos do Torneo da Real Vila de Mugardos.

Leer más...

O NARON FREIXO BENXAMIN "A" DESLUMBRA NO IV TORNEO ONCE CABALLEROS C F

O sábado 26 de decembro celebrouse a IV EDICIÓN DO TORNEO ONCE CABALEIROS C.F. na categoría Benxamín.

Os equipos participantes estaban repartidos en 4 grupos. O primeiro formado polo R.C. DEPORTIVO, VITORIA C.F., SPORTING CAMBRE e GALICIA CARANZA; O segundo formado polo C.D. CALASANZ, O FREIXO NARON, BERTAMIRANS e ONCE CABALLEROS "B"; O terceiro pola E.F. VIVEIRO, U.D. Sta. MARIÑA, ONCE CABALEIROS "A" e ORILLAMAR S.D.; Por ultimo o cuarto formado polo XUVENTUDE OROSO, E.F. LUÍS CALVO, IMPERATOR OAR e C.D. ROIS.

Leer más...