Cronica do I Torneo Narón Futsal.

Durante esta fin de semana  disputouse, no pavillón das Lagoas,  o I Torneo Narón Futsal,

onde os nosos equipos tiveron unha mais que notoria participación deixándonos todos eles unhas moi boas sensacións  de cara a tempada que comezara nuns días.

Os nosos Biberons e Prebenxamins  dominaron completamente as súas categorías , logrando  o triunfo nas finais celebradas o domingo. O Benxamis a pesar de facernos disfrutar co seu xogo,pagaron a súa inexperiencia na categoría e non foron capaces de pasar da fase de grupos. Os alevíns foron capaces de chegar as semifinais,  pero non conseguiron superar os seus contrincantes .

Boas sensacións as que nos deixaron os nosos nenos, que esperamos que sigan disfrutando  na pista o resto da tempada.