Naron Freixo

I TORNEO DE FUTBOL BASE NARON FREIXO ALEVIN

Durante o día de hoxe celebrouse nas intalacións do Estadio de Río Seco o I TORNEO DE FUTBOL NARÓN FREIXO  en categoria alevín.

Participaron na competición catorce equipos, o Narón Freixo quedou eliminado na fase de grupos, onde tivo que enfrentarse ó Xuventude de Oroso, que foi posiblemente o que mellor futbol desenrolou ó longo do torneo, pero o non lograr  a nosa escadra imporse ó Rápido de Neda no último partido da fase de grupos, quedou apeada da competicion, gran traballo o realizado polo seu entrenador Cany, que de seguro dara grandes alegrías a todos ó longo desta e de proximas tempadas.

Os resultados, nas eliminatorias de cuartos de final, levaron a semifinais ó Racing de Ferrol que quedou apeado da competición por un solitario gol do Ural CF, e o Xuventude de Oroso que foi superado polo maior acerto do Imperator cara ó

gol. Na final de consolación o Xuventude de Oroso mostrou, de novo, todo o seu potencial e derrotou ó Racing por seis goles a un.

Nunha final de infarto en que os dous competidores puxeron todo o seu arseal sobre o campo, os dous equipos chegaron empatados a dous tantos ó pitido final, e foi o acerto na tanda de penalties o que deu o título deste torneo ó Imperator

Entregaronse tamen diversos trofeos ós xogadores mais desequilibrantes deste torneo, como foron ós porteiros menos goleados, Unai e Santi do IMPERATOR. A Martin Fernandez do Ural entregouselle a Bota de Ouro e Oscar Manuel Remuiñan do Xuventude de Oroso foi elexido como mellor xogador do torneo .