Naron Freixo

IX Torneo F-11 Alevín Conservas Calvo

 

IX Torneo F-11 Alevín

Conservas Calvo

 

A S.D.C.R. NARON O FREIXO foi invitada a disputar o IX Torneo F-11 Alevín Conservas Calvo. Un novo paso adiante para nosa Sociedade, que aos poucos vai subindo chanzos no mundo do fútbol base.

 

Sabedores do gran reto que temos por diante, afrontámolo con ilusión, desexando que os Alevíns do noso club, poidan empezar a disfrutar do fútbol 11 competindo con equipos das mellores escolas de fútbol de Galicia.

O Torneo F-11 Alevín Conservas Calvo é considerado a Liga galega extra-oficial da categoría, e conta cos mellores equipos galegos en liza o amparo do a FGF.

A competición divídese en dous grupos, A e B nos que están encadrados os clubs da zona norte e sur de Galicia.

Os catro primeiros equipos de cada grupo gañarán o dereito para disputar a fase final que se xogará en Carballo con case toda seguridade no mes de Maio.

 

  IX Torneo F-11 Alevín

 Conservas Calvo