Naron Freixo

NOVOS ADESTRAMENTOS SELECCION BENXAMIN FUTBOL SALA

 

NOVA CONVOCATORIA ADESTRAMENTOS COA SELECCION DE FERROL. BENXAMIN - FUTBOL SALA.

 

Novas sesións de adestramentos da selección de Ferrol de futbol sala na categoría Benxamín para os seguintes días:

 

26 de decembro no pavillón municipal de A Gándara. A convocatoria está prevista para as 16:40 horas, e o adestramento será de 17:00 a 19:00 horas.

27 de decembro no pavillón municipal de Campo da Serra. A convocatoria está prevista para as 18:40 horas, e o adestramento será de 19:00 a 21:00 horas.

28 de decembro no pavillón municipal de A Gandara. A convocatoria está prevista para as 16:40 horas, e o adestramento será de 17:00 a 19:00 horas.

Os xogadores chamados polo seleccionador a participar na sesión de adestramento, da S.D.C.R. NARON FREIXO, son:

 

THIAGO FERNÁNDEZ FELGAR, MATEO PITA PITA e CARLOS GONZÁLEZ LÓPEZ.

 

Dende o clube, esperamos e desexamos que disfruten da convocatoria e que poidan continuar na selección final.

 

MOITA SORTE.