Naron Freixo

XXIX GALA DO DEPORTE NARON

XXIX GALA DO DEPORTE DE NARON

 
 

Coa XXIX Gala do Deporte de Narón damos por finalizada a tempada 2016/2017, un ano que para a nosa sociedade quedará marcado como un referente de traballo e coma espello no que mirarnos para tentar de seguir mellorando e medrando nos anos vindeiros.

  Nunha Gala na que os protagonistas son os nenos, houbo un momento para  premiar o traballo desinteresado, o bo facer, a humildade e sobre todo a dedicación dunha  persoa que, despois de vinte e cinco anos traballando a prol do Narón Freixo, segue a tirar do carro coa mesma ilusión do primeiro día, xa que o  premio á S.D. C. R. Narón Freixo seria imposible de acadar sen a labor desinteresada de JUAN pero sen esquecernos nunca da súa dona FINA , xa que eles son os son os cimentos deste Narón Freixo,  e en nome dos demais membros da Directiva, adestradores, pais, nenos e de todas e todos os que formamos parte desta gran familia, só podemos dicirlles   GRAZAS
 
 
 
 
Pero este e o momento  de felicitar aos nosos pequenos campións, nenos que soñan co balón,  e asi chova ou neve non deixan de asistir aos seus adestramentos, nenos que soñan con ser futbolistas e ademais esforzanse día tras día para acadalo.
 
 
 
 
RUBEN PIÑON SANZ. En 2016/2017 foi campión de Liga e Copa,  semifinalista no Campionato Provincial de Futbol Sala Benxamín  ademais de conseguir o Campionato Galego coa Selección de Ferrol e o campionato de España coa Selección Galega.
 
DIEGO LÓPEZ MORALES. En categoría benxamín foi campión de Liga e Copa, semifinalista no Campionato Provincial de Futbol Sala Benxamín  ademais de conseguir o Campionato Galego coa Selección de Ferrol, onde foi elexido o mellor xogador do Torneo e o campionato de España coa Selección Galega.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
DIEGO TESTA ROCA, porteiro do equipo prebenxamín que na Tempada 2016/2017 logrou o Campionato de Liga, sendo o menos goleado e foi Semifinalista de Copa así como semifinalista do Provincial  en Fútbol-8.
 
DIEGO AMADO CABANAS. Máximo goleador do equipo prebenxamín, Campión de Liga na tempada 2016/2017 e Semifinalista de Copa e do campionato Provincial, en Fútbol -8.
 
 
A todos eles, PARABÉNS e que veñan moitos máis premios froito do traballo e do esforzo.
 
Queremos aproveitar para adicar os premios individuais a todos e cada un dos seus compañeiros nos equipos benxamin de fútbol sala 2016/2017 e prebenxamín de futbol-8 , xa que este é un deporte de equipo e os premios individuais son imposibles de conseguir sen a axuda de todos e cada un dos seus compañeiros.
 
E por último desde a Xunta Directiva non podemos facer outra cousa que dar as  Grazas e estar eternamente agradecidos a todas as persoas que compoñen esta gran familia do Freixo, unha aperta moi forte e  HALA FREIXO !!!!!