Naron Freixo

UNETE

 

 

 

DIA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

 

 

 

 

 

O 25 de Novembro de 1960, os corpos das irmás MIrabal, eran achados no interior dun Jeep en Salcedo,Rep. Dominicana.

Foran asasinadas por orde do ditador Trujillo. Os movementos feministas da rexión, acuñaron esa data en honra a MINERVA, PATRIA E MARÍA TERESA MIRABAL, coñecidas como “as bolboretas”, como o “día contra a violencia de xénero” e dende o ano 1999, a ONU, sumouse á xornada reivindicativa.

“Se me matan, sacarei os brazos da tumba e serei máis forte”, dixo Minerva Marival en máis dunha ocasión.

Este ano, a campaña EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA, iniciada no ano 2015, e unha denuncia e movilización social contra as violencias machistas, a cal, contempla varios actos no noso Concello, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

Desde a S.D.C.R. Narón Freixo, sumámonos a esta iniciativa esperando e desexando que, entre todos, logremos acabar con todo tipo de violencia de xénero, pero non só os malos tratos físicos ou psicolóxicos a mans das súas parellas, tamén, a trata de mulleres, as violacións, a ablación………. Así mesmo, animamos a toda a familia do Freixo a que acudan aos diversos partidos de fútbol e futbol sala, con algunha peza de COR NEGRO, en sinal de loito e dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.