Naron Freixo

CARRERA AECC FERROL

 

CARRERA AECC FERROL

 

 Mais de 4.000 persoas participaron onte, domingo, na carreira popular contra o cancro celebrada en Ferrol e a familia do Narón Freixo estivo representada por pequenos, pais e membros da directiva.

Aínda que o tempo non acompañaba, a cidade de Ferrol, encheu as súas rúas de apoio e solidariedade contra unha enfermidade que, cada ano afecta a miles de persoas no noso país.
Desde aquí, enviamos una mensaxe de apoio e ánimo a todas esas persoas que, están a loitar contra o cancro, ou que teñen algún familiar ou amigo que, está a pasar por esta difícil situación.