Naron Freixo

CONFERENCIA ENRIC BARRI

 

 

Conferencia del psicopedagogo Enric Barri para el Naron Freixo

 

 

 

O vindeiro sábado, día 16 de setembro ás 17:30 horas no local da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, sito en Rúa Vespasante, número 17 de Narón (á beira de Correos), Enric Barri Vilardell, fundador de Learning Soccer Academy impartirá unha conferencia dirixida a todos os estamentos da SDCR Narón Freixo. Directiva, adestradores, colaboradores, pais, familiares e simpatizantes da entidade poderán asistir a unha charla na que Enric disertará sobre os aspectos máis destacables dos comportamentos, actitudes e enfoques psicopedagógicos dentro do fútbol basee.

 

Psicopedagogo, Mestre Educación Física, Ex coordinador da escola FC Barcelona en Lleida, adestrador UEFA Pro e na actualidade membro do equipo de investigación da Universidade de Tarragona Rovira e Vigil, Enric visita por segunda vez a comarca de Ferrolterra tras participar con enorme éxito na II MASTERCLASS de fútbol baseque organiza muchacalidad.com

A súa presenza enmárcase dentro das actividades que o Narón Freixo vén desenvolvendo ao redor da promoción dentro do fútbol base, especialmente orientadas á formación tanto deportiva como persoal de todos os estamentos da entidade desde os propios directivos, adestradores e xogadores de todas as categorías, englobadas nunha idea na que a formación dos novas futbolistas prima como elemento fundamental.