Naron Freixo

25 ANIVERSARIO DA FUNDACION DA SDCR NARON O FREIXO

No ano 1992, un grupo de amigos que formaba parte da directiva da U.D. Piñeiros, ten a idea de ampliar as actividades, dirixilas o fútbol sala,e fundan a SDCR O FREIXO o 1 de setembro de 1992.


Neses duros comezos, con poucos medios, a axuda do Concello e de entidades privadas, foi fundamental. Grazas aos primeiros patrocinadores, empresas de Narón, como Mobles Fembyc, Pita Graña e Madeiras do Noroeste; conséguese acondicionar un secadoiro de madeira, para poder ter un pista de para adestrar e xogar.


O primeiro presidente do club, foi José Sanestéban Pereira e Juan José Rey, o actual presidente, era vicepresidente por aquel entón. Unha persoa, que leva vinte e cinco anos no club, que o viu nacer, que viu como neste club, daban os seus primeiros pasos co balón, xogadores da talla de JUAN DOMINGUEZ( xogador do RC DEPORTIVO DA CORUÑA ), EDU (Porteiro do Burela en división de honra de fútbol sala), ADRI (Internacional ca selección española de fútbol sala), etc. 
Con esta longa traxectoria no mundo do fútbol sala, no ano 2013, a directiva decide dar o salto ao mundo do fútbol e, desde entón, compaxinar ambas modalidades, converténdose na SOCIEDADE DEPORTIVA CULTURAL E RECREATIVA NARÓN O FREIXO, sendo unha das poucas escolas, que conta con seccions de fútbol e fútbol sala.


A día de hoxe, ás portas do noso 25 aniversario como entidade deportiva, aproveitamos para dar as grazas a todos os que colaboraron e colaboran coa nosa idea, xa que sen eles non fose posible chegar ata onde nos atopamos, a todos os pais e nais que confían en nós para a educación deportiva dos seus fillos, a todos eses pequenos e pequenas que, esfórzanse cada día na práctica do seu deporte favorito, que levan a casa valores tan importantes como a amizade, o compañeirismos, o esforzo, o respecto, etc.. Así como a todos os nosos adestradores e delegados, membros da directiva que, desinteresadamente achegan o seu traballo e esforzo para que, esta idea siga adiante.


Antes de finalizar, desexamos facer unha mención especial ao noso Presidente JUAN JOSE REY GUERRA, pola dedicación desinteresada e o esforzo diario para que este proxecto, sexa a día de hoxe, un dos referentes deportivos de Ferrolterra. Unha entidade totalmente saneada economicamente, con preto de 200 nenos e nenas, 19 equipos e un corpo técnico formado por máis de 30 adestradores e delegados.


En nome de todos e cada un dos que facemos posible este proxecto

 

Grazas.