Naron Freixo

FASE DE GRUPOS. CAMPIONATO NACIONAL SELECCIONS AUTONOMICAS

XVI CAMPIONATO NACIONAL DE SELECCIONS AUTONOMICAS SUB-12 FEMENINO

FASE DE GRUPOS

A selección galega sub-12 femenina comenzaba o campionato contra a selección de CASTELA A MANCHA, un partido no que, as galegas demostraban que viñan a xogar o fútbol e o descanso levaban unha ventaxe de dous goles, Na segunda metade, ainda que a selección de CASTELA conseguía acortar distancias, o remate do partido supoñía a primeira victoria para GALICIA. Gran partido de LAURA, que a piques estivo de marcar un gol e que deixou mostra do seu fútbol, pedindo o balón en todo momento, e sendo sempre un dor de cabeza para a defensa rival, entrando por banda.

O segundo encontro, nos enfrentaba, as 17:00 horas do venres as xogadoras do PAIS VASCO. Cun dominio casi total do encontro, nunha das poucas oportunidades das sub-12 do Pais Vasco, conseguían adiantarse no marcador. A pesar de ter varias oportunidades, o balón non quiso entrar e as Galegas non conseguían a segunda victoria no campionato e deixba a xornada do sábado con as catro selección empatadas a tres puntos no grupo.

No terceiro partido, o sábado as 10:50 horas, enfrentaba as Galegas coas ILLAS BALEARES y en un moi disputado, xa que o perdedor tiña que facer as maletas, as Galegas conseguían adiantarse no marcador e chegar o final cun axustado 1 a 0 que as clasificaba para cartos de final coma segundas de grupo, xa que a selección do Pais Vasco, conseguía un contundente 4 a 0 frente a selección de CASTELA.

Cabe destacar a gran fase de grupos realizada por LAURA TESTA ROCA, que estivo moi cerca do gol en varias ocasións, levando sempre perigo por banda, tanto cando xogaba na dereita, coma cando tocaba entrar pola esquerda; pero, ainda que non tivo fortuna nos metros finais, realizou un gran traballo, loitando e no dando un balón por perdido.

LAURA TESTA ROCA, coa selección galega sub-12 no campionato de España de seleccións autonómicas