Naron Freixo

NARON FREIXO BENXAMIN LOITA POLO CAMPEONATO DE LIGA

 

DERRADEIRA XORNADA DE LIGA EN CATEGORÍA BENXAMIN. FUTBOL SALA

O vindeiro luns 20 de marzo, ás 20:00 horas, terá lugar no pavillón das Lagoas, a disputa da última xornada de Liga en categoría Benjamín.
O NARON FREIXO, chega empatado a puntos co PARRULO A BELLOTA. Non cabe maior emoción e ambos teñen as mesmas posibilidades de facerse co título de Liga, despois de empatar na primeira volta, cun marcador de 0 a 0.
Nunha excelente tempada, o equipo dirixido por NANI, chega invicto a este duelo e espera poder levantar o trofeo que lle acredita como campión desta tempada 2016/2017.
Aproveitamos para convocar a toda a familia do NARÓN FREIXO, para que veñan ao pavillón das Lagoas para animar aos nosos pequenos, así como para felicitalos pola gran tempada realizada, a todos e cada un dos dez xogadores:

 

DIEGO CASTRO, RUBEN PIÑON, DANIEL BARROS, IAGO ROZADOS, MATEO PITA, SERGIO TAJES, CARLOS GONZÁLEZ, DIEGO LÓPEZ, JAVIER VAZQUEZ y DIEGO REY.