Naron Freixo

XXII TORNEO INTERNACIONAL DE FUTBOL SALA LUARCA

 

XXII TORNEO INTERNACIONAL DE FUTBOL SALA LUARCA

 

Este fin de semana, cinco equipos do Narón - O Freixo desprazáronse a Luarca a disputar a vixésimo segunda edición do Torneo de Fútbol sala, algo que, xa é unha pequena tradición nos últimos anos na nosa sociedade.

Nun fin de semana no cal, unha gran maioría dos pais e familiares dos nenos, gozan duns días en terras Asturianas, o que converte a este Torneo, non só nun evento deportivo, senón nunha convivencia para as familias, para os nenos do noso club e para adestradores.

En canto ao deportivo, a sociedade sente orgullosa. Os nosos prebenjamines e benjamines, conseguiron subir aos máis alto do caixón, impoñéndose en senllas finais ante Camargo Herrera e Cantabria FS respectivamente. Os máis pequenos, conseguiron remontar un 2 -4 na segunda parte para impoñerse na prórroga por un axustado 5 a 4. Os benjamines, comezaban o seu final con tres goles nos primeiros díez minutos de partido. O que parecía un partido sentenciado, complicábase para os de O Freixo cando, antes do descanso, os cantabros recortaban distancias con dous goles nun minuto. A segunda parte, comezaba moi igualada, con poucas ocasións nas áreas. A cinco minutos do final, o árbitro inventábase un penalti que o Cantabria materializaba, conseguindo o empate e cando todo facía supoñer unha nova prorroga, os pequenos do Freixo conseguían o definitivo 4 a 3 para alzarse co título.



 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nas demais categorías, o benaxamin B caía en cuartos de final contra ED Limóns A, despois de superar a primeira rolda cun empate a tres ante o ROCHAM FS B e unha vitoria ante ED LIMÓNS 5 B. Os nosos Alevíns, tampouco conseguían superar os cuartos de final, nun partido duro contra os locais do VALDES que se impoñían por un axustado 3 a 2, ante outra actuación arbitral que deixaba moito que desexar. Na fase de grupos, impuxéronse por 1 a 4 ante o ESCURIALENSE e por 5 a 1, ante o GORA BILBAO B. Nuestos cadetes, era a primeira vez que competían nun torneo de futsal e pagaron a novatada. Aínda que competiron en todo momento, non conseguiron superar a primeira fase e tras perder nun partido moi igualado por 2 a 0 ante o NAVIA CF e por 9 a 0 ante o potente e semifinalista ESCURIALENSE.



 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un gran fin de semana para a nosa sociedade, que unha vez máis, tanto nenos, adestradores, membros da directiva e pais, demostraron que, o noso club é unha gran familia gozando, apoiando e animando en todo momento uns a outros.