Naron Freixo

CRONICA DO TORNEO DE FUTBOL 8 DO CONCELLO DE ARTEIXO

O sábado 11 de Xuño o Benxamin "A" desprazabase ata as magníficas instalacións do campo Ponte dos Brozos en Arteixo para a disputa do seu tradicional trofeo  na categoría benxamín. Quedamos encadrados no grupo 4 co Vitoria C.F, Orillamar e Imperator, todos vellos coñecidos.

Fase de grupos – Grupo 4 – 1º partido: Victoria C.F. - Narón Freixo (2 – 3)

O que a priori parecía un grupo moi complicado converteuse nun grupo bastante alcanzable para o nivel do Narón Freixo A, xa que finalmente nin Vitoria, nin Orillamar nin Imperator mandaron a Arteixo aos seus equipos A. De feito ao final o partido máis complicado resultou ser este primeiro e contra un equipo de primeiro ano, xa que tras ir gañando con certa solvencia o partido por 3 - 0, finalmente o Vitoria C.F fixo perigar a vitoria visitante e a punto estivo de lograr o empate a 3 goles, pero finalmente os primeiros 3 puntos caeron do noso lado.

Fase de grupos – Grupo 4 – 2º partido: Narón Freixo - Orillamar (5 – 0)

O segundo partido xogabámolo no campo de herba natural ante un rival que a priori non debería de complicarnos moito as cousas. Así foi, e xunto a que posiblemente realizásemos o mellor partido do torneo a vitoria local foi clara por un contundente 5 - 0 en apenas 25 minutos.

Descanso para comer (de 13:00h a 14:30h):

Tivemos unha hora e media para comer e descansar antes do último partido de grupo e xa co billete aos cuartos de final asegurado. Aproveitando o bo tempo puidemos gozar dunha boa comida: churrasco e perritos . Algún puxose as botas!!

 

Fase de grupos – Grupo 4 – 3º partido: Narón Freixo - Imperator OAR (4 – 1)

Ultimo partido do grupo ante a priori un rival doado. Non se realizou un gran partido pero o suficiente para liquidar a primeira fase con tres vitorias no taboleiro. Ao final un resultado de 4 - 1 sen realizar un bo xogo pero sen pasar apuros. 9 puntos e 1º de grupo.

Cuartos de final: Narón Freixo - Atlético Arteixo A (5 – 0)

Chegamos aos cuartos de final e atopabámonos cun vello coñecido do torneo de Abegondo, o Atlético Arteixo "A" que xa dera sinais do seu perigo e sobre todo da súa intensidade para defender. O partido, a 25´, púxosenos pronto de fronte cun rápido 2 - 0, a partir de aí, o Atlético Arteixo descompúxose e todo foi máis fácil. Finalmente un  5 - 0 que fala da superioridade dos nosos que realizaron un bo partido.

 

Semifinal: U.C Montrove - Narón Freixo (2 – 2) (2 – 3 a penaltis)

Semifinal ante un rival descoñecido aínda que polo visto en partidos da súa fase previa tratábase dun rival alcanzable. Empezou o partido ben e pronto nos puxemos por diante no marcador con 1 - 0. A pesar das numerosas ocasións das que se dispuxeron, todas, desde as máis fáciles ata as máis difíciles, fóronse malgastando unha a unha para desesperación de todos ata que na primeira aproximación do Unión Montrove empatou o partido e case sen querer púxose 2 - 1 no marcador nos dous únicos disparos que fixeron á portería defendida por Samuel. Pasaba o tempo e o Narón Freixo seguía malgastando ocasións incribles. Cando xa parecía que se nos escapaba o partido no minuto 23 Hugo aproveitaba unha das moitas que tivo para empatar o partido. Quedaba un minuto e xa case non houbo tempo a máis, fin do partido e o pase á final á ruleta dos penaltis. O fútbol foi xusto e o Narón Freixo pasou á final tras gañar a quenda 2 - 3, grazas ao acerto de Samuel que foi capaz de deter o seu terceiro penalti tras os anotados por Hugo, Keko e Fonti.

Final: Rayo Sadense - Narón Freixo (2 – 4)

Despois da sufrida semifinal tendo moitísimas ocasións para poder sentenciar o partido e non acadalo, non queriamos que neste partido se repetíse o mesmo. Enfrontabámonos ao Raio Sadense, un rival  e ao que nunca nos enfrontamos esta tempada, polo que non tiñamos ningunha información sobre eles. O que si sabiamos é que se xogabamos medianamente ben non teriamos problemas para facernos cun novo título nesta tempada.

A final xogouse a dous tempos de 15 minutos. Empezou moi ben o Narón Freixo e no minuto 10 de partido xa gañaba 0 - 3 o que facía presaxiar unha final tranquila. Aínda que, non se se para darlle emoción ao partido, o Raio Sadense en dúas aproximacións a balón parado recortou distancias e co resultado de 2 -3 chegouse ao descanso. Na segunda parte o equipo empezou ben e pronto volvemos poñer terra polo medio co cuarto gol e a partir de aí defendemos mellor e xa non volvemos pasar apuros. Ao final 2 - 4 para o Narón Freixo e un novo título para as súas vitrinas. Ademais Hugo Guizán foi elixido mellor xogador do torneo. Parabéns Campión!!