Naron Freixo

VII TORNEO FUTBOL CONCELLO DE NEDA

 

VII TORNEO FUTBOL CONCELLO DE NEDA

CATEGORÍA PREBENXAMÍN

 

O sábado, día 11 de xuño, os prebenxamins B do Narón O Freixo, foron disputar a Sétima edición do Torneo de Fútbol  Concello de Neda.


O primeiro partido do grupo, empezaba ás 10.00 e enfrontaba aos nosos  co  Galicia de Mugardos, rival complicado para nós, xa que en Liga cultivaramos un empate e unha derrota. Con todo, os nenos saíron moi metidos no partido e cun solitario gol de Aaron, conseguiron impoñerse, resultado que OS deixaba en condicións de disputar o primeiro posto do grupo.


Xa a medía mañá, o rival era o Ánimas. O primeiros cinco minutos de partido, deixaban un xogo moi embarullado, con todo, a partir dese momento, empezamos a abrir o xogo polas bandas e conseguiamos adiantarnos no marcador con tres goles, vantaxe que era reducida cunha chegada á área que cun tiro desde dentro dela, batían ao noso porteiro que nada podía facer. No último minuto, unha nova chegada por banda, con centro á área, deixaba o marcador ao noso favor por 4 goles a 1 e dábanos o primeiro posto do grupo.

A semifinal enfrontábanos ao Numancia de Ares e non empezaba nada ben. Na primeira chegada, encaixabamos o primeiro gol e nunha nova xogada por banda, recibiamos o segundo. Os nenos do Freixo non se renderon en ningún momento e, un saque de falta era aproveitado polos nosos para recortar distancias. Desde aí ata o final, dominio alterno e un par de ocasións no último minuto en senllos saques de esquina que non puidemos aproveitar para empatar o partido.

Esperábanos partido pol terceiro e cuarto posto que nos volvía a enfrontar ao Galicia de Mugardos e, nesta ocasión nada puidemos facer, cos nenos xa moi cansos despois de tantas horas de torneo, quedamos relegados á cuarta praza. Con todo, gran día de fútbol e convivencia do equipo que, fixo un gran torneo e segue demostrando que, é un equipo que nunca baixa os brazos. Parabén os peques polo gran Torneo realizado..