Naron Freixo

TORNEO FUTBOL BASE MEIRAS. CATEGORIA CADETE

 

TORNEO FUTBOL BASE MERIAS

CATEGORÍA CADETE

 

Este fin de semana, celebrouse en Meirás o Torneo de Fúbol Base da Categoría Cadete. Os rapaces do Narón Ou Freixo, estaban encadrados no Grupo co Cedeira, Meirás, Narón e Portuarios.

O primeiro partido, tivo lugar contra estes últimos e, aínda que fomos superiores, a sorte non nos acompañou. Nun bo partido, acabamos perdendo por un inxusto 2 a 1, mesmo tivemos o empate nun lanzamento ao traveseiro.

O segundo partido, as cousas non lles saíron ben aos nosos cadetes e acabamos caendo contra o Narón por 2 a 0, o cal, deixábanos con moi poucas opcións para os seguintes partidos.

Como era unha xornada para que o equipo cadete disfutase do fútbol, nos seguintes partidos, houbo intecambio de posicións e os resultados tampouco acompañaron. Aínda que, iso é o de menos, o importante é que a familia dos cadetes, pasaron unha xornada de convivencia na que gozaron do fútbol, da comida cos compañeiros e dunha mañá de praia, aproveitando o bo tempo que tivemos este fin de semana. Todo iso da man de Hector, José e Joaquín.