Naron Freixo

III TORNEO CIDADE DE NARÓN. CATEGORIA BIBERON

 

III TORNEO CIDADE DE NARÓN

CATEGORIA BIBERÓN

 

Onte domingo, o III Torneo Cidade de Narón, pechaba as portas, despois de tres días de partidos de futbol sala, os biberóns eran os encargados de clausurar este gran Torneo. Moitos foron os equipos que pasaron polo Pavillón das Lagoas e moitos os partidos disputados. Un ano mais, foi un éxito tanto de organización, como de público, grazas ao traballo das mozas e mozos do Comarcal A Fervenza.


Os partidos, comezaban ás 10:00 horas na categoría dos máis pequenos, con once equipos distribuídos en tres grupos que, durante toda a mañá, disputaron a fase previa para ditaminar a orde de partidos na disputa da fase final. Unha fase previa, que destacaba pola gran igualdade entre os equipos participantes.

Na xornada de tarde, os máis pequenos demostraron as súas habilidades co balón, facendo as delicias do numeroso público asistente, que se deu cita no Pavillón das Lagoas.

Unha vez finalizados, era a quenda para a cerimonia de clausura, onde foron recibindo os seus correspondentes premios todos os equipos participantes; Compañia de María, Cidade de Narón, Unidade de Fene, Santa Mariña, Comarcal A Fervenza, A Solaina, Esteiro, Ou Parrulo Ferrol, Narón Futsal e Narón Freixo A e B.