Naron Freixo

III TORNEO CIDADE DE NARON. CATEGORIA PREBENXAMIN

 

III TORNEO CIDADE DE NARON - A FERVENZA

CATEGORIA PREBENXAMIN

 

O sábado, tacaba a quenda para a categoría Pre-Benxamín no III Torneo Cidade de Narón. Continuaba unha nova xornada maratoniana de partidos, xa que, tamén se disputaban as categorías de Benxamín e Senios Feminino.

O noso Pre-Benxamín B, comezaba a súa andaina no Torneo enfrontándose ao Esteiro, nun partido no que, os nosos pequenos non estaban moi atinados e acababan perdendo por 2 a 5. Con todo, no segundo partido, cuns minutos inciales moi igualados, os nenos do Narón Freixo, comezaban a tocar o balón e conseguían unha vitoria por 5 a 1 ante A Solaina B, conseguindo o pase para disputar o partido polo terceiro posto. Era o Esteiro, o que conseguía meterse na final, ao derrotar tamén á Solaina B por 3 a 1.

No outro grupo, era A Fervenza a que comezaba gañando o seu primeiro partido contra ou Parrulo B, por 5 a 1. No seu segundo partido, os pequenos de Ou Parrulo B, tampouco conseguían impoñerse aos nenos de Santa Mariña e quedaban relegados a xogar polo 5º posto, despois dun 1 a 3 no segundo partido. Para pechar o grupo, o Santa Mariña, impoñíase por 4 a 2 ás pequenas da Fervenza e conseguía o pase á final.

No partido polo 5º posto, eran os pequenos da Solaina os que se impoñían a Ou Parrulo B, por un axustado 4 a 3.

O partido polo terceiro posto, enfrontaba a nuestos pequenos de Ou Freixo contra A Fervenza e, nun partido moi disputado, os primeiros conseguían impoñerse por un axustado 1 a 0 e alzarse a un terceiro posto moi meritorio. Na final, o Esteiro conseguía impoñerse a Santa Mariña, por 3 a 0 e levantar o título deste III Torneo Cidade de Narón