Naron Freixo

TORNEO FUTSAL TROULA, F.S. BETANZOS

 

TORNEO FUTSAL CATEGORÍA PREBENXAMIN BETANZOS

 

O Troula, F.S. de Betanzos, organizaba o sábado día 21 de maio o seu torneo e, o noso equipo prebenxamín A acudía á cita.

O Torneo estaba dividio en dous grupos e os nosos pequenos, atopábanse dentro do Grupo A, xunto ao Troula, F.S. e o Pontedeume, F.S; no grupo B, estaba formado polo Melide, F.S, Narón Futsal e o CD. Burela, FS.

Os nosos pequenos, realizaron un excelente torneo desde o comezo ata o final e xa, no primeiro partido, impoñíanse con claridade aos locais do Troula por un 4 a 0 nun partido dominado de principio a fin. O segundo partido do grupo, enfrontábanos aos nosos veciños de Eume e, cunha victoría por 15 a 0, os nosos prebenxamines conseguían o liderado do grupo e con iso, o pase directo á final.

Na final, enfrontámonos ao Melide, FS que dera a sorpresa ao impoñerse por 3 a 2 ao Burela F.S. Como a maioría das finais, o partido foi moi disputado e o Melide, saíu moi ben situado na pista e cunha defensa moi segura. Con todo, tivemos que esperar ata pouco antes de chegar ao descanso, para que o bo xogo dos nosos pequenos dese os seus froitos. Un tanto de Pablo Fraga, dábanos vantaxe cando finalizaba a primeira metade. Na segunda metade, os nosos prebenxamins saíron decididos a levar o triunfo e esta vez, era Iker Formoso o que conseguía poñer distancia no marcador, subindo o segundo tanto. Nos minutos finais, un tiro ao pau, puido supoñer o terceiro, pero una contra do Melide, deixaba a final nun apertado 2 a 1. Gran torneo dos pequenos, que vén referendar o gran traballo de todo a tempada.

NORABOA CAMPIONS

Adestradores: Juan e Tony. De esquerda a dereita . Arriba: Iván, Mati, Carlos, Iker Iñiguez. Abaixo: Dani, Pablo, Aaron, Iker Formoso e Tiago