Naron Freixo

CRONICA NARON FREIXO B - RAPIDO DE NEDA ALEVINS

NARON  O FREIXO B - RAPIDO DE NEDA (ALEVIN)

Estadio de Municipal de Neda, Sábado 14 de Novembro de 2015

Rematada a oitava xornada da fase previa, o equipo de Alevíns B do Freixo, prácticamente asegurase una praza no segundo grupo e incluso, mantén posibilidades de meterse entre os tres primerios e conseguir colarse no primeiro gurpo coma un dos dous mellores terceiros.

O partido frente ao Neda, estivo dominado de principio a fin polos nenos do Freixo. Moi ben plantados no terreo de xogo, coa defensa moi sólida e un centro do campo que gañaba a partida os locais. Cedo chegaría o primeiro tanto, nunha xogada persoal de David Llera, que roba o balón no medio campo, aproveitase dun rexeite no primeriro recorte e presentase na frontal da área, onde recorta hacia a sua perna boa, para de disparo cruzado, bater por baixo ao porteiro local. Era o minuto sete, e os visitantes poñían o marcador en franquía.

O partido, transcurría no medio campo, cos defensas visitantes adíantandose os dianteiros locais que non conseguían rematar as xogadas, e a única ocasión chegaba a balón parado, pero o lanzamento saía por riba do traveseiro. Co partido controlado, no derradeiro minuto da primeira parte, unha xogada pola banda esquerda na que Mario cede a Laura e dende o pico da área colga o balón, o rexeite da defensa, e aproveitado por David Llera que recolle o esférico na frontal e cun disparo por baixo coa esquerda, pon o cero a dous co que chegamos o descanso.

A segunda mitade, tiña a mesma tónica, os nenos do Freixo moi ben plantados no terreo de xogo, coa defensa gañando todolos balóns e un medio do campo que non baixaba os brazos en ningún momento, dominaba o xogo en todas a fases. As chegadas ás áreas eran moi escasas e os porteiros non tiñan traballo. Duas faltas botadas polos locais, saían por riba do traveseiro sen que Marcos tivese que intervir.

Os visitantes tiñan o partido pola corda e nun saque co pé de Marcos que o mediocentro local non e quen de despexar e os dous centrales van o mesmo tempo o balón sen acadar a despexalo, Hugo Castro está máis pillo cos defensas e lévase o balón na liña de medios para prantarse só diante do cancerberio e batilo por baixo unha vez mais. O cero a tres sube o marcador no minuto corenta e oito para finiquitar un partido dominado de principio a fin, onde os locais do Neda non foron quen de disparar entre os tres paus nin unha soa vez.

Gran resultado obtido polos nenos do Freixo B que voltaron a firmar un gran partido, moi sobríos e moi ben posicionados no terreo de xogo o que lles permite, a falta de duas xornadas para rematar a fase de grupos, manter vivas as suas opción de loitar por entrar no primeiro grupo.

ALINEACION O FREIXO. ALEVIN B