Naron Freixo

CRONICA S.D.C.R NARON FREIXO “A” – GALICIA DE CARANZA PREBENXAMIN

S.D.C.R NARON FREIXO “A” – GALICIA DE CARANZA (PREBENXAMIN)

Estadio de Rio Seco, Sábado 7 de Novembro de 2015

A oitava xornada do grupo A, enfrontaba en Río Seco aos prebenxamíns do Freixo, contra os do Galicia de Caranza, nun encontro controlado de principio a fin polos xogadores locais. Despois duns minutos de tenteo e con moito xogo no medio campo, os locais conseguían adiantarse no marcador, no minuto nove por medio de Dani.

Coa defensa moi ben colocada no terreo de xogo, os centrais do Freixo conseguían anticiparse aos dianteiros visitantes e froito da presión, chegaba o segundo gol, nunha acción  de Pablo no minuto doce e antes de chegar ao descanso, no derradeiro minuto do primeiro tempo, Carlos subía o terceiro ao marcador.

A segunda metade comezaba como rematara a primeira, cos locais moi ben posicionados, roubando no medio campo e saíndo co balón controlado polas bandas . Froito dese dominio, no minuto sete do reinicio, Carlos recibía escorado á banda esquerda e logo de regatear a todos os defensas que lle saíron ao paso, picaba o balón ante a saída do gardameta que nada podía facer para evitar que o cuarto gol subise ao marcador. Un auténtico golazo que deixaba de manifesto a superioridade do equipo local.

As chegadas do Freixo sucedíanse e, no minuto trinta e cinco, Adrián acadaba o quinto. Un minuto despois, era Carlos o que selaba seu hattrick e poñía o sexto a prol dos locais.

Os derradeiros dez minutos, servían para que Adrián acadase seu hattrick particular, anotando o sétimo e o oitavo nos minutos corenta e cinco e corenta e sete. Aínda habería tempo para un gol máis e Dani, no derradeiro minuto, pechaba a conta para os pequenos do Freixo, marcando o definitivo nove a cero.

Os prebenxamíns do Freixo, continúan nos postos que dan acceso ao segundo grupo cando remate a fase previa e colócanse cuartos, a só dous puntos do terceiro posto que ocupa o Numancia.

ALINEACION O FREIXO. PREBENJAMIN A