Naron Freixo

I Torneo de Fútbol Sala Base Mixto Concello de Narón 2015

Bo comezo de tempada para os tres equipos da S.D.C.R. Narón Freixo que participaron na primeira edición do  Torneo de Fútbol Sala Base Mixto Concello de Narón , organizado A Fervenza F.S.F e celebrado no pavillón das Lagoas.

O noso Benxamín C  despois dunha dura fase clasificatoria, chegaba a final onde se enfrontaría a un Parrulo moito mais rodado nesta categoría, despois dunha igualadisima primeira parte, a maior experiencia na categoría do equipo ferrolán foi determínante para que os do Parrulo se impuxeran o Narón Freixo que desenvolveu unha magnifica competicion e que deixou ver que vai ser un equipo que acadara uns interesantes resultados durante a tempada que xa esta a piques de comezar.

O Benxamín B que debuta este ano na categoría, acadou a 6ª posición por detrás de escadras moito mais rodadas e con mais experiencia, sobre todo tendo en conta que os nosos solo levan 15 días  adestrando xuntos.

O Alevín do Narón Freixo non foi menos e despois dunha magnifica competición impúxose na final por 7 a 3 o Esteo das Pontes, resultado final que non nos debe levar a pensar que foi un partido doado senón todo o contrario, onde os nosos tiveronse que empregar a fondo para poder lograr o triunfo neste Torneo.

 

Equipos Participantes

 

Benxamin C

 

Benxamin B

 

Alevin